Evento: Cró!

Cró!
sábado, 25 decembro, 2021 - 21:30
Sala Kominsky,
Vigo

Cró!

Concerto de música electrónica e experimental.

CRÓ! é o seu nome, o seu mantra particular, o eco dentro do Nierika, o clamor shamánico que xorde baixo o formigón do Vigo industrial. O cuarteto desborda o estanque que chamamos rock, derrama jazz, música clásica, free, hardcore, músicas do mundo. É un titán incontrolable, un leviatán desatado que funde as formas a base de magma percutido, desde unha folla caendo xentilmente nun lago en paz á colisión de dúas asteróides ciclópeos, Cró! describe musicalmente unha auténtica cosmogonía de harmonías, melodías, ritmos e dinámicas.

  • CRÓ! - BUAH

Máis eventos de tipo Concerto

Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe
Moon Cresta
7 de xuño
Sala Guión