Evento: Obradoiro de cerámica
Obradoiro de cerámica
luns, 27 decembro, 2021 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Obradoiro de cerámica
A cargo de Xeitura
Achegamos as técnicas de produción de pezas de olería nas diferentes épocas históricas para que se coñezan e poñan en valor o labor levado a cabo por oleiros e artesáns. Para iso, as nenas e nenos participantes coñecerán os procesos de preparación dos materiais e técnicas de execución a través da experiencia práctica.
No salón de actos. Para 12 nenas e nenos a partir dos 6 anos. Cada un deles poderá estar acompañado dunha persoa adulta. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.