Evento: L'animal a l'esquena, la posibilidad de imaginar
L'animal a l'esquena, la posibilidad de imaginar
venres, 6 febreiro, 2015 - 17:00
Museo Centro Gaiás - Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela L'animal a l'esquena, la posibilidad de imaginar
Conferencia de María Muñoz, coreógrafa, bailarina e codirectora deste centro creativo de danza
L’animal a l’esquena nace da necesidade dos seus iniciadores María Muñoz e Pep Ramis, directores artísticos de Mal Pelo, de abrir unha estrutura de creación de danza a unha estrutura de rede baseada no intercambio con outros artistas e creadores. Desde os seus inicios en 2001, posicionouse como un centro de investigación sobre a linguaxe artística contemporánea, como un lugar de reflexión e formación, como unha iniciativa para dinamizar a relación entre artistas e público, e finalmente como un "refuxio temporal" no que a diversidade quere ser recoñecida como un valor fundamental.
Entrada de balde, ata completar localidades.