Evento: “OLLADAS ESTATÍSTICAS” Conferencia de ROSA M. CRUJEIRAS CASAIS, profesora titular da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

“OLLADAS ESTATÍSTICAS” Conferencia de ROSA M. CRUJEIRAS CASAIS, profesora titular da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
xoves, 18 novembro, 2021 - 20:00
Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos,
A Coruña

“OLLADAS ESTATÍSTICAS” Conferencia de ROSA M. CRUJEIRAS CASAIS, profesora titular da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

“OLLADAS ESTATÍSTICAS”

Conferencia de ROSA M. CRUJEIRAS CASAIS, profesora titular da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), directora científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia e investigadora no campo da Estatística.

DÍA: 18 de novembro de 2021 (xoves/quinta-feira)

HORA: 20:00 horas

LOCAL: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”)

Rúa Santo André, número 36 – CORUÑA

ACTO PÚBLICO, ABERTO A TODA A CIDADANÍA

É OBRIGATORIO O USO DUNHA MÁSCARA DURANTE O ACTO

PARA RESERVAR CHAMAR AO TELÉFONO DO CIRCO DE ARTESÁNS: 981-222976

_______________________________________________________________________

RESEÑA BREVE DA CONFERENCIA:

Nunha sociedade “datificada”, cada vez resultan máis necesarias as ferramentas que nos permitan converter datos en información, que axuden á toma de decisións, e aquí é onde cobra un protagonismo esencial a Estatística.

Nesta conferencia achegaremos á audiencia algúns exemplos do que a Estatística pode facer por nos, en ámbitos tan diferentes como o medio ambiente, a lingüística ou, como non, a COVID-19.

______________________________________________________________________

ROSA M. CRUJEIRAS CASAIS:

Profesora da Área de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela.

Desenvolve a súa investigación no deseño de métodos estatísticos non paramétricos con aplicación a distintos ámbitos como as Ciencias da Vida e a Lingüística. Foi investigadora posdoutoral na Université Catholique de Louvain (Bélxica) e ten colaborado con investigadoras/es internacionais.

Membro do PhD Advisory Board de La Sapienza (Italia).

Directora de catro teses de doutoramento e autora de medio cento de publicacións en revistas de impacto.

Ao longo da súa carreira ten ocupado varios cargos de xestión: desde outubro de 2010 até xuño de 2013 foi secretaria do Instituto de Matemáticas da USC, e desde xuño de 2013 até xaneiro de 2015 ocupou o posto de vicedecana da Facultade de Matemáticas. Desde xaneiro de 2015 até xuño de 2017 foi adxunta á Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación da USC, ocupando desde esa data até xuño de 2018 o cargo de vicerreitora. Desde xaneiro de 2019 é coordinadora do Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa.

Desde setembro de 2021 é directora científica en funcións do recentemente creado Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense