Evento: Lydia Botana: De aquí para alá

Lydia Botana: De aquí para alá
luns, 15 novembro, 2021 - 11:30
Multiusos Terra do Queixo,
Arzúa

Lydia Botana: De aquí para alá

Espectáculo teatral e musical.

De aquí para alá é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por Lydia Botana, autora deste espectáculo que agora conta cun libro-disco coas cancións deste conto publicado en 2015 pola editorial Cumio.

“De aquí para alá” é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons! 

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste.

Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por tódolos continentes, mostrando as distintas tradicións, bailes, música, instrumentos, fauna, flora…tratando de espertar o interese pola música e as

culturas doutros lugares valorando a diversidade e por suposto, respectándoa, dun xeito divertido.

  • Lydia Botana: De aquí para alá

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Casa Portuguesa
14 de xuño a 15 de xuño
Rúa Nova, 22