Evento: Presentación de Be Water e coloquio con Antía Yáñez

Presentación de Be Water e coloquio con Antía Yáñez
luns, 29 novembro, 2021 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Presentación de Be Water e coloquio con Antía Yáñez

Encontro literario con Antía Yáñez

Acollemos a presentación do libro Be water de Antía Yáñez que estará acompañada de Andrea Jamardo e David Cortizo, editores de Cuarto de inverno. Trala presentación realizaremos un faladoiro dirixido a reflexionar sobre o futuro, o ecoloxismo e as relacións sexo-afectivas dos e das adolescentes, entre outros. Poden existir visións de xénero nun eido como o acceso á auga? Que diferenzas existen na narrativa mainstream á hora de falar das relacións sexuais de mulleres e de homes? Encamiñámonos cara a un futuro que aínda ten solución ou estamos condenados e condenadas?

No salón de actos. Para a rapazada de 13 a 16 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Actividade realizada no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Xornada Hispanidad
21 de xuño
Museo Militar da Coruña
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde