Evento: En torno a Pagliacci e a soprano Ofelia Nieto
En torno a Pagliacci e a soprano Ofelia Nieto
Cúmprense cen anos dunha das actuacións memorables da insigne soprano galega Ofelia Nieto no Teatro Real madrileño, encarnando á Nedda da ópera Pagliacci. Amigos da Ópera lembra agora esta efeméride e rende homenaxe á cantante coa programación da ópera de Leoncavallo, que se estrea o día 24. Uns días antes, o profesor de canto Antón De Santiago, biógrafo da Nieto, fálanos sobre esta obra mestra do teatro lírico e da súa relación con Ofelia Nieto.
Despois de moitos anos de ausencia, regresa agora á Programación Lírica un dos títulos máis queridos polo público, posuidor dun dos libretos de ópera máis perfectos de cuantos concibíronse para a escena, Pagliacci, unha obra mestra que mira cara á modernidade de Luigi Pirandello co seu sutil xogo de meta-teatro, fixando ademais as súas raíces na Commedia DellArte. Do Zampanò de Fellini na Strada ao Capone dos Intocables de Elliot Ness, a súa alongada influencia na cultura popular dos dous últimos séculos reflicte a absoluta vixencia dunha xoia do verismo que reivindicaba xa desde os seus mesmos orixes, exposta no soado Prólogo confiado a Tonio, o auténtico motor de toda a acción, a conexión cos problemas reais do home común a través dunha intensidade expresiva descoñecida ata o momento.