Evento: Nene Fresco

Nene Fresco
sábado, 9 outubro, 2021 - 21:30
Sala Doppier,
Vigo

Nene Fresco

Concerto de trap.

Despois de deixarnos dez xoias no seu último álbum Biggest Comeback Vol. 1 este pasado agosto, ao trapero pioneiro Meniño Fresco a.k.a. Toureiro a.k.a. 2Paco non lle deu tempo nin de botar unha sesta e xa volve con moitísima forza de novo, e por suposto bautizado cun novo a.k.a., que esta vez é Fresús, aludindo a Xesucristo.

Nesta ocasión preséntanos Biggest Comeback Vol. 2, onde o Mesías Do Trap conta con producións de Blackthoven, RJmussic, S-Beatz, Zenno, Mark de Maria e Nano 08. O traballo está gravado na capital do trap, Atlanta, e a enxeñería detrás do son é de @prodbyrollie. Estes 11 cortes, máis melódicos que os presentados en volume 1, son, sen dúbida, perfectos para a tempada de frío.

  • Nene Fresco - FRESUS (Official Music Video) ft. Blackthoven

Máis eventos de tipo Concerto

A raíz do pensamento
24 de xullo
Praza da Igrexa
A zanfona e o Camiño de Santiago
24 de xullo
Igrexa de San Bartolomeu
Tres pesos
24 de xullo
Praza dos Irmáns García Naveira
Concerto
25 de xullo
Auditorio do Grove