Evento: VISITA GUIADA AO CIRCO DE ARTESÁNS: UN PASEO POLA HISTORIA DA CORUÑA E DA GALIZA DOS TRES ÚLTIMOS SÉCULOS

VISITA GUIADA AO CIRCO DE ARTESÁNS: UN PASEO POLA HISTORIA DA CORUÑA E DA GALIZA DOS TRES ÚLTIMOS SÉCULOS
xoves, 2 setembro, 2021 - 18:00 a 19:00
A Coruña

VISITA GUIADA AO CIRCO DE ARTESÁNS: UN PASEO POLA HISTORIA DA CORUÑA E DA GALIZA DOS TRES ÚLTIMOS SÉCULOS

VISITA GUIADA AO CIRCO DE ARTESÁNS:

UN PASEO POLA HISTORIA DA CORUÑA E DA GALIZA DOS TRES ÚLTIMOS SÉCULOS

2 DE SETEMBRO (XOVES/QUINTA-FEIRA)

(Visita guiada, libre e gratuita)

HORARIO: Ás 18:00 horas

LUGAR: Reunión Recrativa e Instructiva de Artesanos, rúa Santo André, 36 - CORUÑA

DURACIÓN ESTIMADA: 1 hora

ASISTENCIA. Para poder asistir é necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono da Sociedade: 981-222976

É OBRIGATORIO O USO DUNHA MÁSCARA FFP2.

PRAZAS LIMITADAS

_______________________________________________________________

A “Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos” da cidade da Coruña, popularmente coñecida como “Circo de Artesáns”, fundada en 1847, é a Sociedade viva máis antiga da Galiza e unha das máis antigas do Estado español. Trátase dunha entidade popular e emblemática da cidade da Coruña.

Dela foron socios miles de coruñeses e coruñesas, algúns moi relevantes, ao longo dos anos.

Por ela pasaron desde o século XIX grandes figuras da intectualidade, da literatura, da ciencia, do pensamento e da política. Nos seus salóns houbo sonados concertos de música, recitais poéticos, obras de teatro, conferencias e festas.

Nela naceu, por exemplo, a primeira orquestra sinfónica.

Co apoio da Sociedade construíronse na cidade da Coruña monumentos e realizáronse importantes labores benéficos nos momentos máis dramáticos da historia local.

Pódese asegurar sen risco de errar que non é posíbel facer unha historia social e cultural completa da cidade da Coruña e da Galiza nos tres últimos séculos sen ter en conta a nosa Sociedade.

O Circo de Artesáns, o “Ateneo de Galiza”, como era definido por Uxío Carré Aldao, quere abrir as súas portas, para que podan ser visitadas e coñecidas de forma libre e gratuita as súas instalacións de 1.800 m2 e a súa magnífica Biblioteca, cheas todas elas de lembranzas e de obxectos dos 174 últimos anos.

Na visita falarase dalgúns dos capítulos fundamentais da historia da Entidade e, através dela, da da propia cidade da Coruña e da Galiza.

O ano próximo celebraremos como corresponde o noso 175 aniversario.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
O Día das Letras Galegas e Compostela
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal