Evento: WOS Festival: Sisters with Transistors

WOS Festival: Sisters with Transistors
sábado, 11 setembro, 2021 - 16:00
Numax,
Santiago de Compostela

WOS Festival: Sisters with Transistors

Proxección da película documental de Lisa Rovner.

Mulleres como Clara Rockmore, Daphne Oram, Bebe Barron, Delia Derbyshire, Maryanne Amacher ou Laurie Spiegel son fundamentais para entender o mundo musical na actualidade, aínda que pouca xente escoitara falar delas.

Sisters with Transistors é unha película documental sobre as mulleres pioneiras na música electrónica. Historias descoñecidas que destapa a directora británica Lisa Rovner e que explican como producimos e consumimos música hoxe en día. Dende o Auto-Tune ata as ilimitadas posibilidades que ofrecen os sintetizadores teñen a súa orixe no que conta o filme.

Ademais, o documental está narrado por Laurie Anderson, pioneira do arte perfomativo. Lisa Rovner explica que a película é “a historia de como oímos e o papel fundamental, pero pouco coñecido, que desempeñaron as mulleres neste campo”, polo que tivo que romper ese silencio.

  • WOS Festival: Sisters with Transistors

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Pura
Nai + Véxote + Pura
23 de xullo
Casa da Cultura Olga Novo
Pura
Nai + Véxote + Pura
26 de xullo
Auditorio Cuartel Vello
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra