Evento: Rigoberta Bandini
Rigoberta Bandini
Bandini xa leva moitos anos dentro do mundo artístico só que nin utilizaba ese nome nin a coñeciamos baixo a influencia da música electrónica. Ribó era a voz de Chihiro na viaxe de Chihiro e a irmá de Caillou na serie de debuxos animados.
Tamén foi moza Disney, puxo a súa voz a Anna na versión en catalán de Frozen e á princesa Mérida en Brave. Máis aló do mundo da animación, tamén puxo a voz en castelán a Dakota Johnson e a Elle Fanning.
Nun momento, esa voz que servira tanto para teatro como para darlles voz a outros personaxes decidiu deixar de ser a de Paula Ribó para ser Rigoberta Bandini. Isto foi en 2019. O seu tema In Spain we call it soidade, onde se atreve a mesturar tópicos, acumula máis de 911.400 reproducións en Youtube e supera os 3.000.000 de escoitas en Spotify.