Evento: Rigoberta Bandini

Rigoberta Bandini
venres, 4 novembro, 2022 - 22:00
Sala Pelícano,
A Coruña

Rigoberta Bandini

Concerto de música electrónica.

Bandini xa leva moitos anos dentro do mundo artístico só que nin utilizaba ese nome nin a coñeciamos baixo a influencia da música electrónica. Ribó era a voz de Chihiro na viaxe de Chihiro e a irmá de Caillou na serie de debuxos animados.

Tamén foi moza Disney, puxo a súa voz a Anna na versión en catalán de Frozen  e á princesa Mérida en Brave. Máis aló do mundo da animación, tamén puxo a voz en castelán a Dakota Johnson e a Elle Fanning.

Nun momento, esa voz que servira tanto para teatro como para darlles voz a outros personaxes decidiu deixar de ser a de Paula Ribó para ser Rigoberta Bandini. Isto foi en 2019.  O seu tema In Spain we call it soidade, onde se atreve a mesturar tópicos, acumula máis de 911.400 reproducións en Youtube e supera os 3.000.000 de escoitas en Spotify.

  • Rigoberta Bandini - Perra (video oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

THE KROWD - Trío
22 de agosto
Rúa dos Viños
Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu
Xira 25 aniversario
23 de agosto
Praza de San Sebastián
Concerto
24 de agosto
Paseo do Malecón