Evento: Dona Barriga Verde
Dona Barriga Verde
Dirixido a nenos e nenas , mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer a rica tradición do monicreque de cachiporra da Península chega esta nova versión do personaxe galego Barriga Verde.
Con protagonista feminina, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde con achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e maneiras do monicreque popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiritera que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.
Dona Barriga Verde integra elementos do Barriga Verde galego, creado por José Silvent a principios do século XX, con préstamos doutras tradicións titiriteras europeas como son o Dom Roberto portugués, o Pulcinella italiano ou o Punch&Judy inglés entre outros.
Sinopse:
Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandeireteira que armada de enxeño desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mismísimo demo.