Evento: Dona Barriga Verde

Dona Barriga Verde
domingo, 12 setembro, 2021 - 18:00
Praza do Sagrado,
O Barco de Valdeorras

Dona Barriga Verde

Espectáculo de monicreques a cargo de Larraitz Producións Artísticas

Dirixido a nenos e nenas , mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer  a rica tradición do monicreque de cachiporra da Península chega esta nova versión do personaxe galego Barriga Verde. 

Con protagonista feminina, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde  con achega novas perspectivas  aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e maneiras do monicreque popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiritera que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.

Dona Barriga Verde integra elementos do Barriga Verde galego, creado por José Silvent a principios do século XX, con préstamos doutras tradicións titiriteras europeas como son o Dom Roberto portugués, o Pulcinella italiano ou o Punch&Judy inglés entre outros.

 

Sinopse:

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandeireteira que armada de enxeño desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mismísimo demo.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola