Evento: A casa do terror

A casa do terror
domingo, 24 xullo, 2022 - 21:00
Praza do Concello,
Meaño

A casa do terror

Espectáculo músico-teatral a cargo de Xoan Curiel e a súa Banda do Verán

Este espectáculo musical e teatral, que está a recibir moi boas críticas de prensa e público, ven da man dun libro-cd editado por GALAXIA.

A Casa do Terror é moi potente, moi rockeiro e sobre todo moi participativo. Ten influencias das películas de medo dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de CristalA familia Adams ou Scooby Doo. A enerxía acadada co público neste espectáculo é moi alta.

A Casa do Terror  é unha aventura, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito moi divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas como: as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc…

Este é un divertido e dinámizador espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais e de clown e sobre todo moita participación do público asistente.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo, 13:30
Club Fluvial de Begonte - Begonte - Lugo
O Mago Antón presenta: 50 (1975-2025)
13 de xullo, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
Somos circo
13 de xullo, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
SuperHarte
13 de xullo, 18:00
Praza da Igrexa de Silleda - Silleda - Pontevedra