Evento: Tres Vellas (polo menos)

Tres Vellas (polo menos)
venres, 5 maio, 2023 - 21:00
Salón Teatro de Lalín,
Lalín

Tres Vellas (polo menos)

Espectáculo de narración oral de Celso Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutierrez "Guti"

Un espectáculo de palabras cruzadas

 

TRES VELLAS (polo menos)

No repertorio de todos tres, hai muitos contos que foron contados por vellas, a quen llos contaron outras vellas. Unha progresión xeométrica de vellas. Nunca se coñeceron as vellas de Guti, Quico ou Celso, mais poderian manter unha conversa entre si á luz do carburo ou sobre o hule das cociñas aldeás. Moitas veces, as sesións de contos son sesións de espiritismo, e as vellas aparecen na axuda do narrador que se perdeu nun chiste, ou nun comentario de actualidade, e faino voltar ao rego do relato.
As vellas que depositan neles ensalmos, historias e receitas, pediron e lograron un lugar na escena, por iso este espectáculo mutante preséntase como TRES VELLAS (polo menos).

Neste exclusivo show, só para os gostos mais requintados, manifestaranse as olladas profundas, as mans encalecidas de todas as labouras e o afiado sentido do gosto das vellas, e chegará un momento no que o auditorio sentirá o recendo dos honestos guisados do pasado. E ao rematar, os espectadores, coa boca encharcada, sairán a soñar co prato fumegante da memoria.

con Celso Fernández Sanmartín, José Luis Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval

 

Os contadores de historias e de contos que conflúen neste espectáculo son recoñecidos polo colectivo da narración oral como posuidores dun universo propio e unha voz singular, unha maneira especial de contar as historias. Estes eloxios son inexactos, o universo é común, pertence á sabedoría colectiva, e a voz é emprestadas, as persoas que lles contaron os contos entregáronlles no mesmo saco, as ironías, as pausas, a elegancia labrega, os palabróns e a autoridade.

Por esta razóns, o trio, Celso, Guti e Quico, participaron en eventos afastados da tradición, como os avangardistas festivais Escenas do Cambio (Santiago), AlkantaraFest (Lisboa) e o BAD de Bilbo co espectáculo “Os contos de Joselin” un producto da Central Folque entre outros. Sen deixarse cegar polo ouropel post-moderno regresan unha e outra vez ás aldeas, pueblos e tabernas e engraxan a língua e a memória para continuar alimentando o espectáculo da palabra falada, o maior espectáculo do mundo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Gallaecia Small Band
21 de xuño, 19:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
As minas do rei Salomón
22 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Latas
22 de xuño, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Liberar as arterias
22 de xuño, 22:00
San Xiao - Narón - A Coruña