Evento: Latas
Latas
Espectáculo de circo a cargo de Cía. D'Click
Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen máis obxectivo que desafiar ao aburrimento. Coñécense tanto que non necesitan falar. Habitan un mundo no que pasou algo, pero non sabemos o que. Buscan dentro de latas un pouco diso, que ao compartirse multiplícase. Unha invitación para xogar indiferentes a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo, e outro nunha terra sen tempo.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
4 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
11 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
12 de agosto, 21:30
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
16 de agosto, 23:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense