Evento: Emerxencia Climática: feitos e datos
Emerxencia Climática: feitos e datos
O 6 de setembro de 2019 o Consello de Ministros presentou a Declaración de Emerxencia Climática, asumindo a responsabilidade de dotar dun maior impulso a loita contra o cambio climático. Esta declaración pretende abordar formalmente a emerxencia climática, a crise ecolóxica e dar respostas ás demandas da sociedade civil. Do mesmo xeito, na Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas, defínese como elementos clave para iniciar o camiño dunha sociedade descarbonizada e resiliente ante os efectos do cambio climático. Tamén describe como necesarias as iniciativas de educación ambiental que se realizan ao longo do territorio que serven de marco teórico-práctico para iniciativas como a desta exposición.
'Emerxencia climática: feitos e datos', enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. Preséntase como un percorrido secuencial, pero tamén pode facerse un achegamento á exposición tendo en conta catro grandes bloques de contidos diferenciados:
Bases de Coñecemento climático,
Dende o Global ata pisar o noso territorio,
Motivos para a esperanza proposta de acción e
Estratexias, alianzas e actores para a Emerxencia Climática.
O obxectivo último da mostra é achegar ao público os aspectos básicos relacionados con este problema ambiental global, para favorecer a súa comprensión, xerar procesos de reflexión, e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación. A emerxencia climática interpélanos a todos e todas e hai razóns para a esperanza.
Poderase visitar no andar 0 e no horario de apertura da Biblioteca.