Evento: Festas de San Paio: Fredi Leis

Festas de San Paio: Fredi Leis
venres, 25 xuño, 2021 - 22:30
Plaza del Ayuntamiento,
A Estrada

Festas de San Paio: Fredi Leis

Concerto de música pop.

Fredi Leis é un intérprete, músico e compositor galego que desde pequeno empeza a tocar o piano de maneira autodidacta. Dáse a coñecer en Souncloud conseguindo centos de miles de escoitas. Percorre salas e teatros do circuíto nacional de cantautores, esgotando todas as localidades. En 2015 estrea o seu primeiro EP Días Grandes, composto por el e coa produción de Ismael Seixo(Rozalén).

Fredi Leis postúlase como unha das novas promesas da canción de autor renovada.

Despois de virar por salas de toda España e ser teloneiro das xiras de Alejandro Sanz , Malú e Rozalén, en 2018 estrea o seu primeiro disco, producido por Juan de Deus (Amaral, Annie B Sweet, Preguiza, Xoel López) e coa produción executiva e A R & de Sebastian Krys ( 12 Grammy Latinos, 5 Grammy, Sergio Dalma, Eros Ramazzotti, Alejandro Sanz, Shakira, Carlos Vives, Ricky Martin, Marc Anthony) O seu primeiro single ?Bolboretas? convértese nun dos seus temas máis recoñecidos. Logo veu ?Sálvache? ou ?Apenas? que acumulan millóns de reproducións en Spotify e Youtube. A súa xira Neón é un éxito por toda España, esgotando entradas.

  • Fredi Leis - Nivel Experta (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
3 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria