Evento: Festa do Botelo do Barco de Valdeorras
Festa do Botelo do Barco de Valdeorras
A Festa do Botelo celébrase de modo ininterrompido desde o ano 2001, e conta coa singularidade de ser, na actualidade, unha das poucas que se celebra en Galicia para honrar este singular embutido, típico e xenuíno da comarca de Valdeorras. Esta festa reúne cada ano máis de novecentas persoas nun xantar colectivo no cal se pode degustar o botelo acompañado de cachelos con repolo e chourizos, con viño tinto do Barco, así como a sobremesa de torta de roxóns.
Previamente ao xantar celébrase un acto cultural no que se dá lectura ao pregón, por parte dunha persoa representativa do mundo da comunicación, a cultura, a empresa ou a política. Nese mesmo acto faise entrega da Mención de Honra, unha distinción que se creou na cuarta Festa do Botelo para recoñecer o labor de persoas e institucións a prol do desenvolvemento, promoción e divulgación da gastronomía local e dos produtos de excelencia nos que se basea.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular
