Evento: Festa do Peixe

Festa do Peixe
venres, 29 maio, 2026 a domingo, 31 maio, 2026
Bande,
Bande

Festa do Peixe

Festa de Interés Turístico

A primeira fin de semana de xuño celébrase en Bande a Festa do Peixe, que xa pasa dos 40 anos, coa intención de promover a riqueza gastronómica, así como dar a coñecer as potencialidades turísticas da zona cun concurso de pesca.
O seu nacemento débese á iniciativa dun grupo de amigos que compartían a súa paixón pola pesca e decidiron organizar un concurso que se repite ano tras ano ata a data de hoxe. O seu arraigo superou o paso do tempo, e na actualidade é unha das máis antigas de Ourense.
Tamén aumenta o número de pescadores que acoden a esta cita anual e a procedencia destes. Para levar a cabo o concurso, o Concello de Bande conta todos os anos coa colaboración da Federación Galega de Pesca, que se encarga de velar polo bo transcorrer do evento, realizar as pesadas e da entrega de trofeos. No concurso só se admite a captura de boga e escalo.
Ademais do campionato, a festa conta con obradoiros, charangas, actuacións musicais, mercados de artesanía e antigüidades, unha ruta cabalar e a degustación de diferentes preparacións de peixe, sen esquecer os doces, viño, pan de millo e outros pratos típicos de Bande e A Baixa Limia. Así, nos tres días poden chegar a degustarse ata 4.000 pezas de peixe na Praza da Constitución.
Unha das últimas novidades incorporadas á festa é a degustación dunha empanada en forma de peixe de máis de 15 metros. Bande conxuga con esta convocatoria de xeito harmonioso aspectos gastronómicos, culturais, deportivos e ambientais.

Destacado:
A empanada xigante en forma de peixe.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

As Carrozas do San Cidre
16 de maio a 17 de maio
Oural (Santa María)
Festa do Salmón
17 de maio
Varios espazos
Festa da Romaxe das Cruces
23 de maio a 24 de maio
Ribadeo