Evento: Romaría da Nosa Señora dos Milagres de Caión

Romaría da Nosa Señora dos Milagres de Caión
domingo, 8 setembro, 2024 - 11:00
Caión (Santa María do Socorro),
A Laracha

Romaría da Nosa Señora dos Milagres de Caión

Festa de Interese Turístico

A Romaría dos Milagres de Caión está consolidada como unha das celebracións relixiosas de referencia no norte da provincia da Coruña.

O Santuario dos Milagres de Caión convértese durante estas datas no lugar de peregrinación ao que acoden miles de romeiros para render devoción á Virxe.

O día propio da romaría é o 8 de setembro. O domingo anterior a esa data, a Virxe dos Milagres é subida en procesión desde a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro ata o Santuario. O domingo seguinte faise a procesión de regreso para levar a imaxe ao lugar no que permanecerá ata o ano seguinte

Tamén é característico ver os peregrinos achegarse á Fonte Santa, posto que a crenza popular lle atribúe propiedades curativas.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

A Rapa das Bestas de Sabucedo
4 de xullo a 7 de xullo
Curro de Sabucedo
Festa da Lagosta e da cociña mariñeira
4 de xullo a 6 de xullo
A Guarda
Asalto ao Castelo
4 de xullo a 5 de xullo
Castelo de Vimianzo
Festa das Cereixas de Paiosaco
5 de xullo a 6 de xullo
Campo da feira