Evento: #PrimaveraXove: Encontros formativos e networking

#PrimaveraXove: Encontros formativos e networking
mércores, 23 xuño, 2021 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

#PrimaveraXove: Encontros formativos e networking

Voluntariado e acción social

A biblioteca cede o espazo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para desenvolver o programa #PrimaveraXove, da Xunta de Galicia, que busca ofrecer espazos seguros, informais, abertos e innovadores para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno favorecendo a convivencia e o networking.

O segundo encontro versará sobre voluntariado e acción social e contará cos seguintes relatores:

  • Rubén Villasenín (Amabul). É unha asociación medioambiental de ámbito autonómico afincada no concello de Vedra. Trátase dunha entidade que, partindo da pedagoxía ambiental, desenvolve diferentes accións e proxectos no marco dos seus programas de Capacitación Ambiental, Acción Ambiental, Divulgación Ambiental e Voluntariado Ambiental. 
  • Paula Rivela (Baiuca Verdescente). Buscan promocionar o patrimonio artístico, natural, cultural e humano de Galicia, especialmente no Camiño de Santiago e no románico galego. 
  • Juan Pampillón (Cooperación Internacional). Constitúese en Madrid como unha asociación que aúna diferentes propostas e proxectos solidarios desenvolvidos en el ámbito universitario, baixo a finalidade de promover unha cultura solidaria entre os mozos e mozas, especialmente, e a sociedade en xeral.

Moderadora:

Sonia Pazos (Instituto Galego do Talento - IGATA). Unha comunidade de mozos/as e profesionales que queren crear a marca galega asociada ao talento. O seu obxectivo é impulsar o talento en Galicia.  Sonia será a persoa encargada de moderar a mesa redonda.

Máis información e inscrición: http://xuventude.xunta.es/primavera-xove/encontros

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde
Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira