Evento: E a ti... que che contaban? Vero Rilo
E a ti... que che contaban? Vero Rilo
E a ti... que che contaban? Vero Rilo
DOUS PASES: 12.00 E 13.00 H.
"PERIQUIÑO ME / POR AQUÍ NON É
POR AQUÍ TAMPOUCO / ENTÓN... POR ONDE?!
POR AQUÍ, POR AQUÍ, POR AQUÍ..."
E é que Periquiño sempre andaba á procura de novos tesouros, buscando por aquí, por acolá...
E era de cando en vez que algún atopaba...
E A TI... QUE CHE CONTABAN?
É un espectáculo de narración oral para público familiar: contos xunto con xogos cotiás que xa non o son tanto...
Un achegamento á memoria tradicional e familiar compartida
DOUS PASES (anotarse só nun)
1º pase: 12.00 h.
2º pase: 13.00 h.
Duración: 30 minutos cada pase.
Idade: de 4 anos en adiante.
Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.
Máis eventos de tipo Espectáculo