Evento: Os ratiños da caixa

Os ratiños da caixa
venres, 14 maio, 2021 - 18:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Os ratiños da caixa

A cargo de Trinke Trinke Teatro

O rato Fuco trae nunha caixa os ratiños mais novos e polo tanto máis pequenos de Lonxedetodo. Ténos que coidar. Amósallos aos nenos e nenas mais cando lles manda que se volvan meter na caixa, os ratos non obedecen e ademáis mórdenlle. Fuco enfádase e consegue que entren na caixa... por pouco tempo. Para calmalos, decide contarlles tres contos, un para cada un. De ratos, por suposto!

Duración: 45 min.

Para 10 nenas e nenos de 4 a 7 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Casa Portuguesa
14 de xuño a 15 de xuño
Rúa Nova, 22