Evento: Mes do cómic
Mes do cómic
Este ano o Calendario do libro e da lectura de Galicia adica o 1 de maio ao cómic, coincidindo co día do cómic gratis (primeiro sábado de maio). Dende a biblioteca non queremos deixar pasar esta oportunidade e decidimos fomentar a lectura deste medio durante todo o mes. O noso obxectivo é axudar e inspirar a aquelas persoas que algunha vez pensaran en iniciarse no mundo do cómic pero non sabían como. Achegamos así unha escolla de obras (sorpresa) ideais para esta fin, tanto na comicteca de adultos como na do Espaxo Xove. Como aditamento argallamos un ranking cos cómics máis prestados na nosa biblioteca dende que temos rexistro, unha "árbore xenealóxica" dos tipos de cómic e un panel coas influencias da banda deseñada na nosa sociedade. Non deixes tampouco de consultar a nosa guía de lectura de básicos.
Na Sala Infantil tamén atoparedes unha mostra bibliográfica con fondos da súa comicteca para que os máis pequenos se sumen a esta festa.
Pensa que, como toda obra de ficción, hai cómics para todas as persoas. O teu pode estar nos nosos andeis!