Evento: Presentación dos libros Os encantiños do Umia e Lola

Presentación dos libros Os encantiños do Umia e Lola
mércores, 5 maio, 2021 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Presentación dos libros Os encantiños do Umia e Lola

Libros editados pola asociación cultural O Faiado da Memoria

A biblioteca cede o espazo á asociación cultural O Faiado da Memoria para a presentación dos libros Os encantiños do Umia e Lola.

Os encantiños do Umia é un traballo desenvolvido por Carlos Rey Cebral, coa análise musical de Cristian Silva, sobre o grupo de música tradicional que dá nome ao libro, un dos que máis duraron na escena musical galega.

Lola é a transcrición da longa charla con Dolores Rodal Blanco e que dá lugar ao traballo audiovisual do mesmo título. A historia de dúas nenas nun país que parecía que ía cambiar pero que foi envolto nunha tupida escuridade que ela nunca deixou de lembrar e facerlla coñecer aos demais. Agora, trala súa morte e a da súa irmá Pilar, quédanos a súa palabra para seguir mantendo a memoria de que outro mundo si é posible.

No salón de actos. Para público adulto. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril
Auditorio Afonso Eanes