Evento: Presentción do libro "A Solo no le gustaba su nombre"

Presentción do libro "A Solo no le gustaba su nombre"
venres, 23 abril, 2021 - 19:30
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Presentción do libro "A Solo no le gustaba su nombre"

A cargo de José Vázquez Peinó

"A Solo no le gustaba su nombre" é unha historia triste, pero intensa, un drama sobre a vida dun home que se sentía só. Porque, aínda que vivimos nun mundo superpoboado, no que a meirande parte dos eventos son multitudinarios, precisamos os nosos momentos de soidade, ainda que non os precisemos nin os busquemos, virán, seguro que virán. A soidade é ao mesmo tempo unha bendición e unha tortura. Solo intenta enfrentarse a ela coas súas propias armas, pero a soidade persigueo dun xeito inexorábel.

José Vazquez Peinó (Pepe Peinó) naceu en Lugo no ano 1960. Foi profesor en diversos centros educativos, é tamén autor teatral. Como aficionado ao mundo do cine dirixiu algo mais de 10 películas. Con "Malos tempos" gañou o I Certame Ouff Escola no Festival de Cine Ourencine de Ourense.

Como escritor publicou varios libros, todos en galego: "Escombros, moitos escombros", "Vinte obras de teatro adeccionado", "A fuxida", "Bica de Montouto", "Mondoñedo no Camiño de Santiagoa través dos sues personaxes"

ACOMPAÑAMENTO LITERARIO: Estará con nos, Bernardo Penabade, profesor de Lingua Galega no Instituto Perdouro de Burela, e membro da Comisión Técnica del Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Cosello da Cultura Galega

ACOMPAÑAMENTO MUSICAL: Eloy de la Peña Rivas interpretará tres cancións coa gaita galega

Salón de Actos da Biblioteca

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal