Evento: Semana Producción e Xestión (Musical) 2021 - Juan Carlos F. Fasero

Semana Producción e Xestión (Musical) 2021 - Juan Carlos F. Fasero
venres, 9 abril, 2021 - 11:00
Auditorio Martín Códax,
Vigo

Semana Producción e Xestión (Musical) 2021 - Juan Carlos F. Fasero

Conferencia a cargo de Juan Carlos F. Fasero.

Juan Carlos Fernández Fasero é un físico e músico que conta con anos de experiencia na produción musical e na direción e participación en diferentes asociacións culturais e axencias de dereitos de autor (SGAE).

No 1997 créase Zouma Producciones S.L., empresa da que é socio fundador e director ata o 2009. Esta empresa funcionou como discográfica, estudo de gravación, produtora e representación artística. Aquí realizou a parte máis importante do seu traballo, buscando sempre a internacionalización dos artistas, entre os que podemos atopar a Cristina Pato ou Anxo Lorenzo.

Foi secretario e presidente da AGAPHONO e vogal e vicepresidente da AGEM. Foi presidente da AGADIC dende xullo de 2009 ata o 2012. Dende novembro de 2012 ata setembro de 2017 foi o Director da Zona Noroeste da Socidiedad General de Autores y Editores, SGAE (Galicia, Asturias e Cantabria). Dende ese momento, ata a actualidade, é o Director de Contratación e Licencias e Red Territorial da SGAE.

A súa conferencia versará sobre os dereitos de autor e temas relacionados aplicados á industria musical.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

250530_cartel_negueira
O monte é noso
30 de maio
Local social de Negueira de Muñiz
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense