Evento: A vida secreta de Arantza Portabales

A vida secreta de Arantza Portabales
venres, 23 abril, 2021 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A vida secreta de Arantza Portabales

Celebramos o Día do Libro

Charla “A vida secreta de Arantza Portabales” a cargo da escritora Arantza Portabales e Mercedes Corbillón, lectora e libreira, que falarán dos mil e un personaxes que habitan nos escritores, da conexión da vida e ficción, de pulsión creativa, de recorridos lectores e da importancia dos escenarios na realidade e nas novelas.

Arantza Portabales, nada en Donostia en 1973, é unha escritora galega en lingua castelá e galega. Filla de emigrantes galegos, regresou coa súa familia a Marín en 1985. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de   Compostela e traballa como funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia. Entre as súas obras destacan Deixe a súa mensaxe despois do sinal (Galaxia, 2017), Beleza vermella (Galaxia, 2020) e Historias de mentes (Bululú, 2020).

Actividade dirixida a público adulto. No salón de actos da biblioteca. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

A charla será retransmitida en directo a través da conta de Instagram da biblioteca @bpsanxelcasal

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde
Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira