Evento: Na Biblioteca de Galicia lese poesía: Yolanda Castaño e Isaac Garabatos

Na Biblioteca de Galicia lese poesía: Yolanda Castaño e Isaac Garabatos
venres, 12 marzo, 2021 - 19:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Na Biblioteca de Galicia lese poesía: Yolanda Castaño e Isaac Garabatos

Espectáculo poético-musical.

O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, acollerá o espectáculo poético-musical Idioma da tinta. Isaac Garabatos, un dos músicos máis versátiles e activos do panorama actual, pon música a un dos rostros máis populares da poesía galega.

A poesía de Yolanda Castaño encontra nas composicións de Isaac Garabatos o mellor dos acompañamentos, capaz de conectar con propios e estraños a través dun concerto delicado e cheo de emocións. Un xeito de que a mellor poesía contemporánea de Galicia chegue a un público máis alto.

Unha proposta interdisciplinar protagonizada a partes iguais pola música e a poesía, ao fío do libro-disco Idioma da tinta, de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos.

A voz da poeta Yolanda Castaño únese ás composicións orixinais do músico Isaac Garabatos, cheas de fresca diversidade e excelencia musical, nun diálogo entre música e poesía envolvente, de grande calidade artística e exquisita factura. Un recital poético cargado de expresividade, calidez, provocación unhas veces e sutil elegancia outras, que a formación xa puido amosar en escenarios de Italia, Alemaña ou O Xapón.

  • Na Biblioteca de Galicia lese poesía: Yolanda Castaño e Isaac Garabatos

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola