Evento: 21 de marzo. Día Mundial da Poesía
21 de marzo. Día Mundial da Poesía
O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía. Na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal queremos facer unha achega íntima sobre o noso fondo bibliográfico poético. No marco do mes da muller, elaboramos unha mostra bibliográfica de lecturas de autoría exclusivamente feminina, na que a meirande parte delas son de autoras galegas, para reivindicar o papel destas mulleres no panorama literario actual e a súa influencia na nosa construción persoal como lectoras.
Na semana do 15 ao 21 de marzo propoñemos ás nosas usuarias e usuarios participar no proceso de creación poética a través da elaboración dun poema colectivo a partir de versos dos poemarios da mostra, co obxectivo de espallar a mensaxe de que a poesía é un xénero para todas e todos.
A mostra pode visitarse no 2º andar da biblioteca durante o horario de apertura.