Evento: Sés- Galicia Emerxe

Sés- Galicia Emerxe
mércores, 10 marzo, 2021 - 23:30
Evento online,
Santiago de Compostela

Sés- Galicia Emerxe

Concerto dentro do ciclo dos concertos da escena galega.

O concerto de SÉS  do ciclo de concertos Galicia Emerxe emitirase na TVG en marzo. Este festival nace como iniciativa de RTVG  para dar visibilidade á música e aos grupos galegos. Ademais, pretende mostrar o seu apoio ao sector musical, afectado polo covid-19 e as restricións sanitarias.

SÉS é o fenómeno musical dos últimos anos da escena galega. A chegada desta cantautora coruñesa supuxo unha auténtica revolución que se plasma en 7 disco e 9 anos de traxectoria. En 2020 cruzou o charco nunha xira que levou a Arxentina, Uruguai, Paraguau e O Salvador. Cunha carreira que non para de crecer desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, SÉS, triunfou en Galicia. Destaca por unha proposta ecléctica que vai desde o rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana.

O vindeiro mércores 10 de marzo ás 23:30 horas  emitirase o concerto de SÉS  na primeira  cadea de TVG. Tras finalizar a emisión, pasará a estar dispoñible na web de CRTV.  Ademais, poderase volver escoitar en Radio Galega Música o sábado a partir das 22:00 horas.

As bandas e artistas solistas que actuán no ciclo de concertos Galicia Emerxe son de orixe e procedencia galega. Ademais, son profesionais de diversos estilos musicais e con domicilio fiscal en Galicia. Todos eles, foron seleccionados mediante convocatoria aberta por unha comisión independente.

Máis eventos de tipo Concerto

French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Saratoga
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ukestra do medio
24 de maio
Laroom
Son de Camagüey
24 de maio
Museo de Belas Artes