Evento: Son de Camagüey

Son de Camagüey
sábado, 24 maio, 2025 - 21:30
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Son de Camagüey

Programación especial para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.

Unha “comunidade en constante cambio” derivada dos movementos migratorios supón a incorporación de cidadáns de procedencias e culturas diversas, para engrosar esta nova comunidade do museo, xa sexa como público o como protagonista para aportar o seu propio universo cultural.

Polo tanto, no concerto deste ano está presente o grupo Son de Camagüey, nacido na Coruña en 2015, e que se iniciou como un proxecto musical de cinco amigos cubanos que buscaban volver a conectar coas súas raíces e recuperar a esencia da música coa que se criaron. Con todo, dez anos despois, Son de Camagüey converteuse en moito máis. Neste concerto repasarán os distintos ritmos da música cubana.

Entrada libre ata completar aforo.

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria