Evento: Sés- Galicia Emerxe
Sés- Galicia Emerxe
O concerto de SÉS do ciclo de concertos Galicia Emerxe emitirase na TVG en marzo. Este festival nace como iniciativa de RTVG para dar visibilidade á música e aos grupos galegos. Ademais, pretende mostrar o seu apoio ao sector musical, afectado polo covid-19 e as restricións sanitarias.
SÉS é o fenómeno musical dos últimos anos da escena galega. A chegada desta cantautora coruñesa supuxo unha auténtica revolución que se plasma en 7 disco e 9 anos de traxectoria. En 2020 cruzou o charco nunha xira que levou a Arxentina, Uruguai, Paraguau e O Salvador. Cunha carreira que non para de crecer desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, SÉS, triunfou en Galicia. Destaca por unha proposta ecléctica que vai desde o rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana.
O vindeiro mércores 10 de marzo ás 23:30 horas emitirase o concerto de SÉS na primeira cadea de TVG. Tras finalizar a emisión, pasará a estar dispoñible na web de CRTV. Ademais, poderase volver escoitar en Radio Galega Música o sábado a partir das 22:00 horas.
As bandas e artistas solistas que actuán no ciclo de concertos Galicia Emerxe son de orixe e procedencia galega. Ademais, son profesionais de diversos estilos musicais e con domicilio fiscal en Galicia. Todos eles, foron seleccionados mediante convocatoria aberta por unha comisión independente.
Máis eventos de tipo Concerto