Evento: A Caza

A Caza
venres, 22 xaneiro, 2021 a sábado, 27 febreiro, 2021
Sede Afundación,
Santiago de Compostela

A Caza

Exposición de Alberto Vázquez.

A Caza do autor de banda deseñada Alberto Vázquez, quen acaba de ser nomeado aos premios Goya pola curtametraxe de animación Homeless Home, tras gañar este premio en tres ocasiones.

A mostra enmárcase dentro do proxecto «Cromática. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea ( MiiC)», que tamén se exhibe na Sede de Afundación.

A EXPOSICIÓN

A Caza presenta os 22 orixinais de banda deseñada homónima gañadores do Premio Castelao de banda deseñada que convoca anualmente a Deputación da Coruña.

Ambientado nunha contorna selvático, «A caza» penetra na historia dun home primitivo que persegue un animal. Mediante unha narración chea de metáforas e unha gráfica que oscila entre a abstracción e a figuración, trátanse temas universais como o conflito entre ser humano e natureza, a contaminación ou a emigración.

A mostra está organizada pola Deputación da Coruña en colaboración con Afundación

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia