Evento: Oliver Dawson Saxon

Oliver Dawson Saxon
mércores, 6 outubro, 2021 - 21:00
Sala Mardi Gras,
A Coruña

Oliver Dawson Saxon

Concerto de música metal.

A Xira de Oliver Dawson Saxon vén polo 40 aniversario da edición do mítico álbum "Wheels of Steel", que foi o segundo disco que publicou Saxon  o 5 de maio de 1980. Un Disco que foi de ouro en Reino Unido, e preto de dous millóns de discos vendidos a nivel mundial. Un disco considerado como un dos mellores traballos da NWOBHM.

Todas as cancións foron escritas por Byford, Quinn, Oliver, Dawson e Gill. E contén cancións que xa son CLÁSICOS na historia do Heavy Metal; "747 (Strangers in the Night)", "Motorcycle Man", "Wheels of Steel", "Suzie Hold On"...

40 anos cumpre este disco! que mellor que celebralo escoitándoo íntegro nun escenario e con Oliver/Dawson Saxon, banda dos míticos músicos que gravaron esta obra de arte; Graham Oliver e Steve Dawson.

A banda convidada será 100 Mentiras.

  • Oliver Dawson Saxon '747 (Strangers In The Night)

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes