Evento: Pequefilmes 2021: Souvenir

Pequefilmes 2021: Souvenir
sábado, 23 xaneiro, 2021 - 17:00
Centro de Innovación Cultural (CINC),
Santiago de Compostela

Pequefilmes 2021: Souvenir

Proxección da película de Cristina Vilches.

Souvenir é a historia dun pai e a súa filla e dunha insólita viaxe a través do tempo e a memoria. Un percorrido a contrarreloxo polos recordos dunha vida enteira.

Este ano por primeira vez, o festival poderá verse tamén a través da rede, accedendo ás diferentes sesións a través da plataforma tv. Festhome. Para facelo, simplemente deberás crear o teu usuario e contrasinal e comprar a entrada para a sesión que prefiras, ou o abono para o festival completo, a un prezo reducido. O programa de Pequefilmes 2021 ofrece unha emocionante e amplísima antoloxía das mellores producións internacionais actuais para a cativada, todas elas estreadas nos dous últimos anos e moitas premiadas ou seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (como Annecy, Clermont- Ferrand, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest ou Dresdner Kinderfilfest). Recolle o máis destacado da produción internacional actual dedicada ao público infantil e xuvenil, consolidándose como unha oportunidade para ver pezas audiovisuais de gran calidade que adoitan quedar fóra dos circuítos de exhibición máis convencionais. A continuación podes ver o programa das oito sesións que compoñen esta quinta edición do festival, e comprar entrada para a que prefiras.

 

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Museos de cine
17 de abril a 5 de xuño
Museo de Belas Artes
Scenes from the Class Struggle in Portugal
26 de abril
Filmoteca de Galicia
El otro lado de la esperanza
26 de abril
Filmoteca de Galicia
El otro lado de la esperanza
27 de abril
Filmoteca de Galicia