Evento: O raro é que bailar sexa raro

O raro é que bailar sexa raro
xoves, 17 febreiro, 2022 - 18:30
Auditorio Gustavo Freire,
Lugo

O raro é que bailar sexa raro

Espectáculo de danza contemporánea a cargo de Andrea Quintana

Dirección, creación, coreografía e interpretación: Andrea Quintana

O RARO É QUE BAILAR SEA RARO

Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia.

Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.

Con todxs nosotrxs: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna.

Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo- biografía pirata.

Isto vai de bailar bailando.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril, 19:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Neura
19 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Hasta que la muerte nos separe
19 de abril, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense
1888. A señorita Xulia
19 de abril, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña