Evento: A figueira do demo

  • Imaxe da representación
A figueira do demo
sábado, 28 marzo, 2015 - 18:00
Casa de Cultura,
Cee
Espectáculo de teatro infantil de Títeres Cachirulo

A Figueira do Demo é un espectáculo para tódolos públicos baseado en personaxes da obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, colle o titulo da peza que estreará ca súa compañía Teatro do Antroido no ano 1982 “Romance dos Figos de Ouro” da que Cachirulo fixera unha versión no pasado mes de Xullo, e dunha peza infantil anterior, do ano 1978: Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón",combinada con  elementos plásticos do “Touporroutou da Lúa e do Sol”.

As personaxes das obras se ven mesturados nunha toleira escénica que intenta revivir o que foron as primeiras pezas de teatro profesional de monicreques de Galicia que  contribuíron de xeito esencial o desenrolo do Teatro de Monecos no noso país.

A nosa posta intenta recobrar ese espírito critico e transgresor, mestura de tradición e aventura que transita as obras de Roberto Vidal Bolaño.

Fantoches de gran tamaño, feitos en madeira evocando as imaxes do románico mesturadas con fortes expresións e unha evocación o mundo da infancia, serán os encargados de contar esta historia cun soporte musical en directo que vai creando clima e canción nos distintos cadros da peza. Estamos a falar dunha obra con moitos personaxes e un trepidante ritmo escénico

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra