Evento: Exposición II en Calipso Coruña Art Gallery
Exposición II en Calipso Coruña Art Gallery
Nesta exposición poderanse atopar artistas consagrados, como Roberto Díaz, o madrileño Santiago Lloveres ou a acuarelista Pilar Cancio; con outros máis nóveles, como Iago Vilarinho ou Nuria Rey , sendo esta a súa primeira exposición colectiva. Ademais tamén contamos con artistas que expoñen a súa obra por primeira vez en Galicia, como a valenciana Gemma Alpuente ou a xa coñecida granadina Ana Müshell.
Variedade de procedencia dos artistas, onde tamén destaca o francés afincado na Coruña Emile Gireaou, e variedade de obras.
Na exposición atoparase fotografía, da man de Iago Vilarinho e Nuria Rey . Ilustracións por parte de Ana Müshell, esculturas, da man de Santiago Lloveres, Emile Gireau e Victor Tenorio Rey, quen tamén expoñen outras disciplinas. A moza valenciana Gemma Alpuente, dálle un toque de cor e de texturas experimentais coa súa obra á exposición.
Tamén se gozará da obra da acuarelista Pilar Cancio e de Manu Trasanco, quen pinta con café.
Por último, a presenza de grandes pintores como Ximo López, Roberto Díaz, Antonio Amado e Fernando Fraga.