Evento: Rubicundo

Rubicundo
domingo, 24 abril, 2022 - 19:00
Auditorio da Casa da Cultura,
Cee

Rubicundo

Espectáculo do Día do Libro Infantil e Xuvenil

Con motivo da conmemoración do Día do Libro Infantil e Xuvenil o vindeiro 2 de abril, a Biblioteca de Galicia tráenos Rubicundo, unha función a cargo de Teatro Ghazafelhos e baseada na novela homónima de María Canosa.

Ninguén parece reparar en Rubicundo, un misterioso personaxe que cada noite percorre as rúas na súa bicicleta, enfundado nun gabán e un sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, unha rapaza curiosa disposta a desentrañar os seus segredos. A música en directo, os monicreques e as acrobacias son tan só algúns dos ingredientes cos que se constrúe esta emocionante obra. Así, a amizade e os soños son o fío condutor dunha función cunha posta en escena chea de sorpresas e na que Teatro Ghazafelhos leva aos escenarios a fermosa narración de María Canosa.

  • Rubicundo

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Entre arrolos e contiños
20 de xuño
Punto de atención á infancia