Evento: Golfa
Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tivese relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran tras este feito. Ata que non se aclaren os feitos a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases.
Ante uns feitos cada vez máis abigarrados, a xuíza encargada do caso propón unha opción co ánimo de que a escalada de sucesos non vaia a máis: un acordo cordiale consistente nun encontro online co sexólogo Jordán Gómez, unha sesión de sexología á que han de asistir Fran, Amanda e a nai de Fran coa particularidade de que estes encontros serán de libre acceso online pedindo lista e identificándose. Todos seremos testemuñas desta sesión de sexología.
Unha palabra pode cambiar o curso dunha historia, ou como nos relacionamos coa nosa contorna e ésteconnosco. Detrás dun insulto poden esconderse algúns dos males que nos arrasan como sociedade, uns males que quizá poidan ter solución na educación sexual que recibimos.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
