Evento: As fillas bravas e o mito de Casandra

As fillas bravas e o mito de Casandra
sábado, 5 xuño, 2021 - 19:00
Praza de Veracruz,
O Carballiño

As fillas bravas e o mito de Casandra

Espectáculo sobre o cambio climático a cargo de Chévere

As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Trabancas, concello de Padrenda, que cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas, con moita retranca e non menos sabedoría.

Nesta nova obra, As Fillas Bravas usarán as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para sensibilizar sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida. As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e a súa propia experiencia vital; e por outro, é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de modelos de empoderamento feminino.

Queremos achegar ao público referentes positivos e próximos de personaxes de mulleres. Colocar o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa, implicada na colectividade. E ao mesmo tempo, ofrecer unha visión divertida, pero igualmente directa e sen prexuízos, do impacto que o cambio climático ten e terá na nosa sociedade e nas nosas vidas.

Elenco: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cinema Marabillas
16 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
O auto do Castromil
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Made in Galiza
16 de maio, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
Veciños
17 de maio, 17:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense