Evento: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac

Pablo Díaz e a Banda Tic Tac
sábado, 11 marzo, 2017 - 18:30
Pazo da Cultura de Pontevedra,
Pontevedra

Pablo Díaz e a Banda Tic Tac

Concerto para todos os públicos desde unha perspectiva folk

TIC TAC é o exitoso libro-disco creado por Pablo Díaz, do que se levan vendidas máis de 5000 copias desde que saiu en decembro de 2009.

Nos seus concertos, Pablo fai un percorrido por distintos ritmos cos que, desde a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música.

Nos seus espectáculos vai acompañado por grandes músicos que participan en grandes proxectos: Diego Barral (guitarras), Álex Fente (acordeón), Antón Díaz (baixo e contrabaixo), Carlos Freire (batería), Olga Kirk (coros) e Pablo Díaz (voz e clarinete)

Leva realizados máis de 40 concertos que se convirten nunha enorme festa para nenas e nenos e tamén para as e os que non o son tanto.

Espectáculo musical dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas das actuacións nos espazos onde se celebran.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra