Evento: Vila Mariñeira
Vila Mariñeira
O Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 programa este espazo de debate e de encontro que inclúe catro conferencias seguidas de coloquio e unha mesa redonda coordinadas por Cándido Meixide e cuxos relatores -Daniel Pino, Manuel Portas, María Xosé Costa, Luís Cardalda, Carlos Rey, Modesta Domínguez, Álvaro Cardalda e Xosé Anxo Doval- son todos de Vilaxoán. Falarase de sociolingüística, arquitectura, desenvolvemento social e urbanístico e historia.
Venres 18
19:00 horas - Acto de apertura
"Resistencia no rural de Vilaxoán de 1936". Xosé Anxo Doval Rey. Bibliotecario
"Unha vida pola liberdade: Luís Costa García". María Xosé Costa Alcalde. Docente.
Sábado 19
18:00 horas
"A realidade lingüística dunha vila de Arousa". Manuel Portas Fernández. Sociolingüista.
19:30 horas
"Vilaxoán no seu contexto urbanístico". Conversas con Daniel Pino VIcente. Sociólogo e urbanista galego.
Domingo 20
12:30 horas
"A singularidade musical de Vilaxoán". Mesa redonda con:
Luis Cardalda. Director da Comparsa "Marajota e media"
Carlos Rey. Folclorista.
Modesta Domínguez. Directora da Coral "Máximo Patiño".
Álvaro Cardalda. Director de "Vilaxóan Canta".