Evento: San Simón, a illa da memoria
San Simón, a illa da memoria
San Simón, a illa da memoria é unha exposición de Antón Caeiro que recolle o pasado deste penal da Guerra Civil española.
Unha exposición sobre o pasado da illa de San Simón, formada por unha decena de paneis e que recolle o pasado deste espazo natural como campo de concentración durante a Guerra Civil española e na posguerra, de 1936 a 1943, polo que pasaron máis de 5.000 persoas.
Pese ao illamento, San Simón non foi das peores prisións da época, pois alí podían camiñar ao aire libre. Os propios presos construíron un camiño ao redor da illa que chamaron ?avenida de Teruel? para celebrar a recuperación no 38 desta cidade polos republicanos. A pesar de todo, as condicións ás que foron sometidos os presos foron infrahumanas.