Evento: Nadal no Gaiás 2020- Grande árbore de Nadal interactiva
Nadal no Gaiás 2020- Grande árbore de Nadal interactiva
Este Nadal no Gaiás non queremos que se perda a ilusión por iso imos ateigar a Cidade da Cultura de moita luz, cor e cancións, de todos os estilos, pero sempre tendo en conta as festas que estamos a celebrar, na que o protagonismo volve ser para a nosa grande árbore de Nadal. Este ano manterá as súas grandes dimensións e incorporará a interactividade grazas á intervención nela da artista visual Marta Villaverde. Deste xeito, seredes vós, a través dos vosos dispositivos móbiles, os e as que decidades as cores e incluso a música que desprenda ao voso paso.
Ademais, ao ser unhas festas que dan entrada ao 2021, Ano Xacobeo, o Camiño vai ter tamén presenza simbólica no relato deste Nadal, comezando pola mesma iluminación exterior do complexo do Gaiás con referencia a Vía láctea, simboloxía tan próxima as vías xacobeas, que se completa cunha árbore lumínica no cumio do Monte Gaiás, no Bosque de Galicia, visible desde diferentes puntos do centro de Compostela.
Intervención deseñada pola pestixiosa artista visual Marte Villaverde que consegue que coa lanterna dos vosos móbiles que se prendan luces de cores diferentes e soen notas musicais, segundo o enfoque do voso dispositivo: máis graves na parte baixa e máis agudas, na alta. Deste xeito, ides compor a vosa propia melodía en tempo real!