Evento: Charla maxistral de Domingo Villar

Charla maxistral de Domingo Villar
mércores, 9 decembro, 2020 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Charla maxistral de Domingo Villar

A visión dos autores e autoras

A Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte, organiza, en colaboración coa Asociación Colegial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) o curso "De la Creación a la Librería. Cómo se hace un escritor y cómo trabaja un escritor en España".

Neste curso ofreceuse, a través de máis de 50 seminarios virtuais, unha panorámica do proceso completo que abrangue a creación literaria, desde o momento en que se xesta a idea ata o instante en que os libros se depositan nos seus puntos de venda, despois de pasaren por todas as mans que contribúen á súa existencia. 

O terceiro módulo do curso, A visión dos autores e autoras, consiste nunha serie de clases maxistrais a cargo de autores e autoras retransmitidas vía streaming desde varias bibliotecas públicas das dezasete comunidades autónomas e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Domingo Villar impartirá a charla desde o salón de actos da biblioteca con asistencia libre previa recollida dun convite no mostrador de información da biblioteca 30 minutos antes do comezo.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Peza do mes: Instrumentos de medición
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
'Made in Galiza' de Séchu Sende
19 de maio
Auditorio Centro Social do Mar