Evento: Charla maxistral de Domingo Villar
Charla maxistral de Domingo Villar
A Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte, organiza, en colaboración coa Asociación Colegial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) o curso "De la Creación a la Librería. Cómo se hace un escritor y cómo trabaja un escritor en España".
Neste curso ofreceuse, a través de máis de 50 seminarios virtuais, unha panorámica do proceso completo que abrangue a creación literaria, desde o momento en que se xesta a idea ata o instante en que os libros se depositan nos seus puntos de venda, despois de pasaren por todas as mans que contribúen á súa existencia.
O terceiro módulo do curso, A visión dos autores e autoras, consiste nunha serie de clases maxistrais a cargo de autores e autoras retransmitidas vía streaming desde varias bibliotecas públicas das dezasete comunidades autónomas e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Domingo Villar impartirá a charla desde o salón de actos da biblioteca con asistencia libre previa recollida dun convite no mostrador de información da biblioteca 30 minutos antes do comezo.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso